
No seu manifesto, A Sega reivindica o traballo da autora a sinalar que "ela escribe. Desde a soidade do seu espazo, chanta no papel persoas de onte, de hoxe e de mañá: a humanidade que habita en cada ser. Pénsalles a voz, os movementos, os desacougos, as alegrÃas. Nacen espidas e ela ponlles roupa. Nácenlle no paÃs das súas palabras, no seu laboratorio, cuarto propio Ãntimo. Nácenlle das palabras que dela nacen".
Do mesmo xeito, apunta a importancia do labor actoral da homenaxeada de quen a plataforma indica que se mete "nas palabras e nos seus silencios, pénsaas, devóraas, expúlsaas. Habita en cada unha e alentan no xesto: a rebeldÃa. Dálle vida ás palabras coa voz, co silencio, co corpo, co movemento. Hai tantos mundos no seu interior e ela desfacéndose dela, espÃndose, habita todos eses mundos. Non é maxia. É traballo digno".
O DÃa das Galegas nas Letras celébrase cada quince de agosto a homenaxear en cada xeira "unha muller que contribuÃse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular".