A actualidade manda. As Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional que se celebran en Lira a partir do vinte de xuño non tratarán, coma outras veces, a cultura do pan, nin as tradicións mariñeiras. Esta cuarta edición das xornadas xirarán enteiramente arredor do Prestige, un desastre que, ademais da economÃa e da ecoloxÃa da zona, pon en perigo tamén un patrimonio tan importante e tan vivo coma a pesca artesanal.
Hai catro anos, algúns dos membros da asociación cultural Canle, de Lira (Carnota) iniciaron un traballo de catalogación dos hórreos da súa parroquia, xa que no Concello tiñan os máis grandes cabaceiros de toda Galicia. Aos poucos o proxecto foi avanzando, e remataron cun inmenso dossier entre mans no que aparecÃan, fotografados e inventariados, os 892 hórreos que habÃa en Carnota. “Nós pensamos que non haberÃa máis de trescentos”, apunta Rogelio Saborido, secretario da asociación. Con tal recompilación de patrimonio feita, pensaron en cómo darlle presencia pública ao seu traballo e como dinamizar un pouco a zona, xa que, segundo Saborido, “isto estaba moi abandonado e non habÃa movemento cultural”. Buscando apoios para organizar o evento, foron conseguindo colaboracións coma a do Consello da Cultura Galega, do Concello de Carnota e de empresas da zona coma Prodemar. E asà se foron organizando as Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional.
Pensar a cultura tradicional
”Nós sempre tivemos a idea de facer unhas xornadas de cultura tradicional que recollesen elementos esenciais da bisbarra e desde alà facer unha reflexión válida para todo o paÃs” apunta Xosé Fernández Naval, un dos coordinadores das xornadas. Logo dunha primeira edición en que os hórreos e todo o relacionado coa arquitectura do pan foron os protagonistas do evento, o segundo ano das xornadas dedicouse ao outro grande patrimonio cultural de Carnota, o mar. Deste xeito, os sistemas de pesca, as embarcacións tradicionais e as ferramentas empregadas nos traballos artesanais do mar deixaron por uns dÃas de ser a actividade diaria e convertéronse en obxecto de reflexión. A paisaxe como patrimonio común serviu como eixe á terceira edición, e para a cuarta, a asociación tiña previsto centrarse no patrimonio oral. E entón chegou o Prestige.
Fuel na cultura
“Xusto cando iniciabamos os traballos para organizar a edición deste ano chegou o Prestige”, apunta Fernández Naval. “Valoramos que a asociación non podÃa vivir de costas á realidade social, e podÃa ser mesmo un pouco frÃvolo non lle dar á comunidade unha ocasión para reflexionar sobre a catástrofe”. E deste xeito, un espacio pensado para analizar a cultura legada desde o pasado pasou a ser un lugar desde o que ollar un posible futuro. “As xornadas están máis orientadas a albiscar cales serán os efectos da marea negra máis que a analizar os factores que a causaron”, sinala. Fernández Naval apunta que a cuestión non é en absoluto allea ao obxecto do encontro, “non é un tema que nos quede moi afastado porque xa nas xornadas de hai dous anos falabamos da importancia dos recursos pesqueiros como sustentadores da cultura marÃtima, dun xeito de pesca artesanal e de baixura, dunhas artes, e o que facemos agora, en certo xeito, é conectar con esa reflexión”.
O patrimonio do traballo
Emilio Louro, “Milucho”, é o secretario da ConfrarÃa de Lira, e durante as xornadas moderará a mesa redonda sobre a influencia da catástrofe no sector pesqueiro. “En Lira a maior parte da pesca faise de xeito artesanal con barcas, moi preto da costa. Os barcos máis grandes non chega ás quince toneladas”, sinala. AÃnda que polo de agora teñen a súa actividade suspendida e non puideron comprobar como influÃu o fuel nas capturas, Milucho é pesimista “polas experiencias doutras catástrofes posiblemente corra perigo este tipo de pesca; houbo especies que tiveron un descenso impresionante noutras capturas e moitas mesmo chegaron a desaparecer”. O xeito de vida da aldea e todo o patrimonio cultural que supón a pesca artesanal poden desaparecer nos vindeiros anos.
SaÃdas para o patrimonio
Co obxectivo de buscaren unha saÃda económica para o sector ao tempo que manteñen o xeito de vida tradicional, a confrarÃa de Lira está tentando poñer en marcha un proxecto pioneiro. Trátase de abrir unha escola de pesca e un negocio de turismo rural pesqueiro. “A escola de pesca, vén a ser semellante a unha granxa escola. Trátase de amosarlles aos máis novos a actividade dunha comunidade pesqueira artesanal e de incidir no tema de que a profesión é tan digna coma outra calquera”, sinala Milucho. Ademais, trataranse temas como a evolución da pesca e de inculcar os valores da pesca artesanal. Por outra banda, pretenden organizar unha actividade a través da cal “a xente poida vivir a xornada de traballo dun pescador; que a xente allea a este mundo poida participar nisto e comece a valorar o que é o peixe e o que custa pescalo”. Segundo Milucho, “iso pode influÃr mesmo na propia actitude do pescador en activo” que “se valorará máis a si mesmo porque vai transmitir un caudal de información a alguén que pode ter moitos estudios, e verá que el, na súa área, é un auténtico catedrático”.
Limpando o fuel da cultura
Desde Canle anuncian tamén novos proxectos para manter viva a vida cultural da bisbarra: “á parte de continuar coas xornadas ou coa carreira pedestre, o que temos en mente é organizar actividades para toda a xente de Lira e de Carnota que está vivindo fóra”, apunta Rogelio Saborido. “Estamos recollendo material de todo tipo para montar unha exposición, queremos facer charlas, levar a cultura fóra e que a xente vexa que se segue pelexando para que isto vaia aguantando”. Tamén están a traballar para organizar actividades coa lancha xeiteira que recuperaron hai uns anos e coa que participan nos encontros de embarcacións tradicionais que se celebran no paÃs. Desde Lira, a limpeza do chapapote continúa tamén na cultura.