
O estudo extrae datos da Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais en España 2018-2019, realizada polo Ministerio de Cultura e Deporte a partir de consultas a 16.000 persoas no conxunto do Estado. Os datos revelan tamén que se incrementa o interesa pola lectura no paÃs, cun incremento no número medio de libros por fogar, cifrado en 239 volumes.
Por tipos de contidos, o que máis esperta o interese dos galegos é a música, valorada cun 7,6 sobre 10, os contidos audiovisuais (6,5), a lectura (6,4), o cine (6), as visitas a monumentos (5,7), os museos (4,6) e mais as visitas a xacementos arqueolóxicos e exposicións (4,4). A galerÃas de arte (3,5), o circo (3,5), o ballet (3,2), o teatro e ópera (2,9) e as bibliotecas (2,5) son as actividades que contan cunha menor valoración.