Teatro Baixo da Area adapta o Poeta en Nova York de Lorca

Lugo acolle a estrea da montaxe este mércores 29 de xaneiro

María Roja, Sergio Zearreta e Sabela Eiriz poñen sobre a escena, da man de Teatro Baixo da Area e con dirección de Paloma Lugilde, Poeta en Nova York de Federico García Lorca. A nova montaxe aborda a obra do poeta desde conceptos pouco habituais nos que a compañía destaca "o dó como forza motriz a través do trato coa morte (tema ritual do poemario) ou a crise do desexo", cunha grande dose de experimentación escénica. A estrea está prevista para este mércores 29 de xaneiro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, poderá verse tamén o día 30 na Cidade da Muralla e ten previsto recalar entre o 19 e o 22 de marzo en Santiago de Compostela.