De Bartók a Groba

O Arquivo Sonoro de Galicia difunde unha conferencia de Rogelio Groba sobre Béla Bartók

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Rogelio Groba.

Rogelio Groba.

O Arquivo Sonoro de Galicia (ASG) difundiu onte unha nova entrega das súas 'Caligrafías musicais'. Trátase de conferencias musicolóxicas preservadas nos fondos do ASG no que destacados músicos e investigadores ofrecen disertacións sobre aspectos do patrimonio musical galego e mundial. Desta volta, recuperouse unha conferencia de Rogelio Groba impartida en 1981 na Coruña co gallo do centenario do nacemento do músico e compositor húngaro Béla Bartók (1881-1945). Groba narrou a biografía de Bartók, a súa (escasa) relación cos 'circuítos hexemónicos' da música do momento e o seu compromiso social. Pero sobre todo, Groba debullou a relación do músico húngaro co folclore europeo, e o seu proceso creativo a partir desas raíces. A conferencia pode escoitarse íntegra no web do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rogelio Groba, Arquivo Sonoro de Galicia, Consello da Cultura Galega, A Coruña