José Arriola e as complexas orixes dun xenio musical

O Arquivo Sonoro publica unha conferencia e un concerto sobre José Arriola

31/10/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: música
30 lecturas | Compartido 0 veces

José Arriola

As prodixiosas dotes interpretativas do músico José Arriola (Betanzos, 1895-Barcelona, 1954) cando era un neno provocaron diferentes reaccións no seo da familia burguesa na que nacera. Como afrontar, desde a perspectiva dos adultos, un prodixio infantil musical no tempo no que varias destas figuras sorprendían no continente. O Arquivo Sonoro de Galicia publicou dentro da súa serie de Caligrafías musicais unha conferencia impartida por Luis Mera sobre a "Música e intimidade na familia Arriola", na que se detallan estas relacións a través das voces dos seus protagonistas. A conferencia está acompañada dun concerto con pezas do músico a cargo de Julio Mourenza (piano) e Carlos García Amigo (violonchelo).

Universo culturagalega.gal

21/05/2024

De Bartók a Groba

O Arquivo Sonoro de Galicia difunde unha conferencia de Rogelio Groba sobre Béla Bartók

10/06/2010

O Mozart galego

O Consello da Cultura recupera obras inéditas de Pepito Arriola

Contextos

Claves