Foron moitos os discos de calidade que a escena musical galega foi quen de sacar o pasado ano 2019 deixando ver un alto nivel en todos os xéneros. A capacidade de proxección é fundamental para a viabilidade nun sector como o musical así que como cada xaneiro facemos un percorrido polas listaxes nas que a prensa especializada fai unha selección da produción discográfica estatal, buscando nelas o pouso que a creación feita desde Galicia deixou e os niveis de recoñecemento acadados.
Sete son as listas de medios especializados, en papel, radio ou virtual, que decidiron destacar algunhas das producións musicais do país entre o mellor de todo o Estado en 2019. Aquí daremos conta das seleccións efectuadas por Mondo Sonoro, Dod Magazine, Ultrasónica, Muzikalia, Todo Indie e os programas de Radio 3 Na Na Na e 180 Grados. Entre todas estas listas de discos (tamén hainas de cancións, pero neste caso non as contemplaremos) once producións galegas foron meritorias para os críticos e xornalistas. De entre elas sobresae o nivel de aceptación para Ultraligero (Ernie Records) de Novedades Carminha. A banda compostelá aparece en distintos postos pero está presente en todas estas sete listas consultadas, nada de estrañar tendo en conta que tamén nos seus directos por toda a península colleitaron un éxito incontestable con cheos en varias das citas. O disco de Novedades Carminha consegue o segundo posto entre os 40 mellores discos nacionais do 2019 para a revista Mondo Sonoro e o mesmo posto dálle Dod Magazine nunha lista de 30 discos. A publicación electrónica Muzikalia colócaos nun moi meritorio décimo posto entre os 50 mellores traballos nacionais do ano. Ademais diso aparece en boas posicións no resto das listas que presentan os traballos por orde de importancia e en todo caso entre a selección daqueles que prefiren non dar preeminencia a uns sobre outros, como é o caso dos programas de Radio 3, Na Na Na de Leyre Guerrero e 180 Grados de Virginia Díaz.
Con Novedades Carminha, aínda que a certa distancia en canto a recoñecemento sitúanse dous traballos da escena independente alternativa galega: Sensaciones de Sen Senra (Sonido Muchacho); Danças Líquidas (John Colby) de Bifannah. Christian Senra, arroupado na produción por Anxo, de Novedades Carminha, consegue facer do seu disco unha das sensacións inagardadas para a crítica que o mete en catro das sete listas consultadas, nalgunhas, como Mondo Sonoro, situando o seu traballo nun moi meritorio sétimo posto de entre eses 40 mellores de 2019, ou no décimo posto como fai o magazine Ultrasónica de Xavier Valiño. O disco tamén mereceu estar na selección feita polos dous programas de Radio 3 consultados. Xustamente nestes dous programas tamén quixeron destacar de entre a produción do ano o disco de Bifannah. Para Danças Líquidas hai tamén boa posición na lista de Muzikalia, que os pon no décimo quinto posto de entre eses 50 elixidos. Aínda conseguen recoñecemento entre a selección de Dod Magazine dos 30 mellores discos do ano.
Vellos coñecidos das listas nacionais
Dúas formacións volven aás listas cos seus segundos traballos como xa fixeran en 2017 cos primeiros discos que ambas sacaron, demostrando que a súa repercusión non viña dada por circunstancias senón por calidade das súas propostas. Sen dúbida que o Cuatro Estaciones de Presumido foi un dos discos máis agardados e con máis eco da produción galega do pasado ano por moitas razóns. A súa enorme calidade aínda a están a presentar o dúo nunha crecente xira de concertos que este ano os levará a algunhas das citas máis importantes do panorama nacional a ofrecer o seu sofisticado e profundo electro pop. Presumido foi presentando os temas desde segundo disco longo en forma de EPs durante todo o ano e presentou o traballo final en outubro. Talvez o feito de saír como disco editado xa no derradeiro trimestre quitoulle algo de relevancia na conformación das listas pero aínda así Tanto para Mondo Sonoro como para Ultrasónica está entre o mellor do publicado en 2019 e en boas posicións dos seus listados. En situación semellante está Unaligned(Dotbeat) de Agoraphobia. O segundo disco das rockeiras do Barbanza saía á luz tamén en outubro e as críticas foron tan positivas como a resposta do público. O contundente disco de Agoraphobia é considerado o décimo mellor do estado para Todo Indie e acada un considerable posto 26 entre os 40 mellores para a revista Mondo Sonoro. Nesta revista é onde se destaca tamén outro dos traballos alternativos valorados da produción galega, Promesas (Raso Estudios), de Blanco Palamera. O dúo conformado polos composteláns Manu Blanco e Xoán Domínguez conseguen que se recoñeca o seu son intimista cun meritorio décimo posto entre ese 40 traballos nacionais e tamén Ultrasónica o selecciona no lugar 24 da súa lista.
Xustamente é a lista elaborada polo veterano xornalista musical Xavier Valiño en Ultrasónica a que sinala tamén alguns outros traballos que viron a luz en Galicia no rematado 2019. É o caso do Segundo fogar (Todomedre) dos ourensáns Os Amigos dos Músicos; Vientos solitarios (Ferror Records / Cascaballo Records), o disco de volta dos cedierenses Los Eternos; e Robocops(La Melona) o primeiro disco longo de Rayotaser o nome baixo o que Álex Mera presenta o seu proxecto de electro pop. Ademais destas mencións case todas pertencentes aos xéneros do pop, a electrónica ou o rock, tamén a música de raíz feita en Galicia tivo un eco entre a crítica especializada española, a cantante Faia coloca o seu traballo autoeditado Ao Cabo Leirín entre os onde mellores discos nacionais de música de raíz para Mondo Sonoro, que recoñece nela a calidade deste traballo de investigación arredor das cantigas tradicionais femininas galegas, que primeiro foi editado directamente en vinilo para despois sacar unha edición en formato dixital (Raso Estudio) dunha das caras do vinilo.
Para este 2020 que agora comeza son varias as formacións de renome que xa anunciaron que presentarán traballos ou que entraron a gravalos, así que é probable que nestas datas dentro dun ano teñamos tamén unha interesante colleita que con eco exterior poida ver apoiada a súa proposta musical.