O Parque da Cultura Castrexa destaca os descubrimentos arqueolóxicos do 2019

Pinturas rupestres, saunas da Idade do Ferro ou campamentos romanos entre os principais achados

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Relevos achados no castro de Santomé. Foto: Proxecto Santomé

Relevos achados no castro de Santomé. Foto: Proxecto Santomé

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás, que ten unha moi activa vida nas redes sociais, destacou os 10 principais achados arqueolóxicos en Galicia durante o 2019. As pinturas soleiformes e con ídolos oculados de Pala das Cabras (Casaio, Carballeda de Valdeorras), o monumento con forno do castro da Atalaia (Cervo), a tumba altomedieval de Os Conventos (en Vilachá, na Pobra do Brollón), os descubrimentos dunha manchea de campamentos romanos por parte do colectivo romanarmy, trisqueis e os numerosos obxectos exhumados na campaña do castro e poboado romano de Santomé (Ourense), o achado dun vaso cerámico na Cova Eirós (Triacastela), o descubrimento dun novo castro en Becerreá, as pinturas rupestres de A Ceadá das Laxes das Chás (Monterrei), 38 novos petróglifos en Gondomar ou a primeira tumba compartida localizada na necrópole do castro de San Lourenzo (A Pobra do Brollón).

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pobra do Brollón, Idade do Ferro, Atalaia, Monterrei...