A Xunta de Galicia, a través do Centro Dramático Galego (CDG) e da SecretarÃa Xeral da Emigración, participa na coprodución internacional teatral Se fosen turistas, levarÃan gafas de sol, que poderá verse no Salón Teatro de Santiago do 11 ao 21 de decembro. A reflexión arredor da emigración, pasada e presente, é o eixo temático desta proposta das compañÃas galegas Limiar Teatro e Crémilo, que conta tamén coa implicación das entidades portuguesas Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa e Comedias do Minho, a arxentina CÃa. Nacional de Fósforos de Bos Aires e a uruguaia El Mura de Montevideo. Baixo a dirección escénica de Fran Núñez, responsable tamén da dramaturxia, e a musical de Brais Iriarte, esta comedia sobre a memoria e a desmemoria foi tomando forma ao longo de varias residencias artÃsticas nos devanditos paÃses e chega agora a Galicia, tras ser exhibida en Montevideo, onde tivo lugar a estrea o pasado mes de outubro, e en Bos Aires
Se fosen turistas, levarÃan gafas de sol afonda na memoria da emigración a partir das historias persoais do equipo do espectáculo, que poñen en escena Manuel Coelho, Iván e Mariano Solarich, Brais Iriarte, Fran Núñez, Luis Filipe Silva e Martina e Magdalena Fernández. As súas propias experiencias familiares supoñen en si mesmas unha celebración da vida, da supervivencia e do camiño percorrido a partir dunha trama que se inicia no momento da separación de dúas irmáns no porto de Vigo nos anos 50. A súa estadÃa na sede compostelá do Centro Dramático Galego arrancará mañá mércores 11, ás 11,00 h., cun pase matinal que, baixo a denominación de "función descontraÃda", ofrecerá unha sesión cunha atmosfera acolledora e con máis tolerancia respecto do ruÃdo e movemento na platea. Cun prezo especial de 3 euros, destÃnase ás persoas que buscan un ambiente máis relaxado que o dunha representación teatral ao uso, asà como ás que se poidan sentir máis cómodas nese contorno, como aquelas con déficit de atención, deficiencia intelectual, espectro autista ou deficiencias sensoriais, sociais ou de comunicación. Tras a súa estadÃa na sede do Centro Dramático Galego, a obra porá rumbo cara ao Teatro RosalÃa Castro da Coruña, onde poderá verse o domingo 22 de decembro, ás 20.30 h.