Para a película O que arde cada semana trae boas novas e esta non ía ser excepción, a que xa é a película en galego máis vista da historia ven de recoller o Premio Especial do Xurado da segunda edición do Festival Internacional da illa de Hainan, en China. En representación do filme acudiron ao evento parte do equipo de produción da galega Miramemira e a francesa 4 a 4 Productions así como `protagonista do filme Amador Arias. O equipo recolleu o certificado do seu galardón de máns da actriz francesa Isabelle Huppert. A francesa foi a presidenta dun xurado do que tamén formaron parte o director estadounidense Abel Ferrara, a actriz e directora chinesa Jiang Wenli, o realizador macedonio, Milcho Manchevski, o actor e director chinés Chen Sicheng, o crítico cinematográfico hindú Aruna Vasudev e op crítico francés Thomas Sotinel.
En Galicia a actividade audiovisual non para, impulsada en moitos casos desde festivais como o Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, que esta fin de semana pechou a súa cuarta edición tras unha semana na que se proxectou unha programación de grandísima calidade, tal e coma sinalou o director do certame, Carlos Montero, na gala de clausura celebrada no Auditorio de Verín o sábado. Durante o acto, desvelouse o nome das curtas premiadas dentro de cada unha das catro categorías do festival (Nova, Outra Mirada, Horizontes e A Raia), o Premio Especial do Público e un Premio (Camira) da Crítica, ademais do Premio NUMAX á exhibición da Mellor Curtametraxe de menos de 10 minutos. Places, de Claudia Barral Magaz, fíxose co Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial Outra Mirada. O público elixiu Santa Baia de Montes, de Sabela Souto, para darlle o seu Premio Especial á Mellor Curtametraxe. A cinta 16 de diciembre de Álvaro Gago mereceu o Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Oficial A Raia. A cinta Los que no sienten, asinada conxuntamente por Alba Carnero, Carlota Mojica, Marta Porto e Débora Vargas, levou o Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Horizonte. The distance between us and the sky de Kekatos Vasilis recolleu o Premio do xurado da Categoría Oficial Nova, mentres que KIDS de Michael Frei e Mario Von Rickemback acadaba o Premio Camira da Crítica. O Premio NUMAX á Exhibición da Mellor Curtametraxe de menos de 10 minutos foi para Leyenda dorada Ion de Sosa e Chema García Ibarra.