O peso do Xacobeo nos Orzamentos da Xunta para 2020 provoca un duplo fenómeno. Por unha banda, e segundo aseguran os responsables da políticas culturais autonómicas, vai reforzar os fondos económicos para as desenvolver. Pola outra, resulta moi difícil medir exactamente o xeito no que se vai dar ese apoio e mesmo os ámbitos nos que se vai aplicar. Como resultado, a Xunta desenvolverá no vindeiro ano unhas contas nas que a fusión entre Cultura, Turismo e Xacobeo racha fronteiras entre ámbitos e departamentos.
A seguir unha tendencia de anos anteriores, o incremento destacado dos investimentos en Turismo marcan de xeito particular as contas da Consellaría de Cultura para 2020. En paralelo a este proceso dáse unha crecente interferencia dos fondos destinados ao Xacobeo 2021 nos ámbitos culturais. Este plan ve ampliado o seu habitual peso na xestión do patrimonio cultural ou en propostas como concertos e actividades cara a novos ámbitos. O anuncio de que a programación do Centro Dramático Galego e do Centro Coreográfico se verán complementadas con achegas desde estas contas, o apoio a proxectos de todo tipo coa liña de axudas O teu Xacobeo ou o anuncio de que tamén haberá propostas de Política Lingüística vencelladas aos camiños de peregrinación son só algúns dos novos espazos aos que se estende a acción cultural da celebración. A situación dificulta o seguimento das políticas culturais previstas pola Xunta, xa que as partidas que dependen de Turismo non desenvolven de xeito expreso o seu carácter cultural, e fica ao arbitrio dos anuncios da Xunta saber ata que punto e en que campos se vai desenvolver unha acción nitidamente cultural vencellada ás propostas de cara ao Ano Santo. A transversalidade das políticas de cultura e turismo que defendeu de xeito explícito o conselleiro de Cultura na súa intervención para presentar as contas no Parlamento acada pois novas cotas e borra en grande medida os límites entre os diferentes ámbitos.
Un crecemento xeral, mais limitado
Deste xeito as cifras amosan un crecemento moi moderado das contas estritamente culturais, que fican estancadas de xeito particular no ámbito do Patrimonio e da Axencia Galega das Industrias Culturais. No entanto, a Xunta defende que as achegas desde o ámbito turístico, sen concretar, permitirán un desenvolvemento destacado das políticas culturais ao longo do vindeiro ano. De certo a Consellaría de Cultura e Turismo é o departamento que porcentualmente medrará máis a nivel orzamentario en 2020 segundo o Proxecto de Orzamentos da Xunta para o ano. Así o anunciou o responsable do departamento, Román Rodríguez, na súa comparecencia parlamentaria para presentar estas contas. En conxunto, os programas que coordina concentran 157.228.000 euros, o que supón un incremento do 8,9% a respecto de 2019 e suma 12,8 millóns ás partidas que manexa. No entanto, o groso do crecemento dáse nas partidas destinadas á promoción turística, xa que a Axencia de Turismo de Galicia ve incrementado en 9,6 millóns de euros os seus fondos e medra nun 15% ata acadar o 73.836.000 euros de orzamento, case a metade do total. No caso dos programas especificamente culturais, os fondos previstos suman 83.392.000 euros fronte aos 80.218.000 do pasado exercicio. O propio Rodríguez recoñeceu que os sectores propiamente culturais do seu departamento unicamente verán un incremento de 2 millóns de euros, que chegan a 3,1 de contarmos organismos autónomos, entidades públicas e axencias adscritas a estas mesmas contas. Destes, 1.446.000 euros serán adicións a gastos de persoal da Secretaría Xeral Técnica, da de Política Lingüística e mais das direccións Xerais de Patrimonio e de Políticas Culturais, o que limita aínda máis a capacidade de desenvolver novos investimentos culturais.
Fondos para facer políticas
Precisamente dentro dos departamentos de cultura é a Secretaría Xeral Técnica de Cultura a que ve un maior incremento nos seus fondos, cun 8,2% máis. No entanto, a maior parte desta medra vese absorbida, de novo, polos gastos de persoal, que medran un 16,7% nesta sección. Canda a este, o crecemento do 5,4% na Dirección Xeral de políticas Culturais (que acumula un total de 37.570.000 euros) e mais o do 5,3% na Secretaría Xeral de Política Lingüística (que fica con 8.507.000 euros de orzamento) aparecen como os máis transcendentes polo seu impacto nas políticas públicas destes ámbitos. Fronte a estes, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural fica cun mínimo crecemento do 0,3% e contará con 16.537.000 euros. Do mesmo xeito a Axencia Galega das Industrias Culturais ve practicamente conxeladas as súas contas con só un 0,7% máis achegas, absorbidas integramente polos maiores gastos de persoal, que a deixan cun orzamento de 11.807.000 euros. A situación replica practicamente a do anterior exercicio, cando o incremento fora do 0,6%. Cabe destacar que dentro dos departamentos da Consellaría hai incrementos destacados, dentro do marco xa sinalado, en capítulos como os investimentos reais e as transferencias de capital, que chegan a medrar un 10,3% (ata chegar 535.000 euros) na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e un 15,7% na Secretaría Xeral de Política Lingüística, que conta neste apartado con 554.000 euros nas previsións do goberno. Tamén na Dirección Xeral de Políticas Culturais se suma un 9,3 aos investimentos (que suman 5.633.000 euros) e un 9,9 a transferencias de capital (un total de 10.707.000 euros). Pola contra, os investimentos reais na sección de Patrimonio sofren un retroceso do 5% e deixa con case 400.000 euros menos esta sección, dotada con 7.178.000 euros.
O fomento de actividades culturais
De novo o programa de "Fomento das actividades culturais" é o que conta cun maior orzamento dentro dos estritamente culturais, a sumar 31.560.000 euros fronte aos 30.237.000 do pasado ano. O incremento de 1.323.000 euros repártese fundamentalmente nos apartados que afectan directamente á acción cultural, xa que as transferencias de capital deste programa suman 14.394.000 euros fronte aos 13.541.000 do pasado ano e no caso dos investimentos reais hai tamén un crecemento de 228.000 euros que a sitúan en 4.052.000. No entanto, a revisar polo miúdo as partidas do mesmo, mantén a súa contía a de 617.570 euros a de Actividades de Promoción e Difusión Cultural, que segue a ser a que recolle máis fondos das destinadas a investimentos no marco deste programa. Pausa así o seu crecemento logo de dous anos de subas significativas. Tamén fica conxelada con 197.750 euros a destinada a Exposición e Artes Plásticas. Os fondos para Actividades Difusoras e de Promoción mesmo rexistran un lixeiro descenso e pasan de 335.892 euros a 315.892, logo de ver case triplicar os seus fondos en 2019.
A ausencia da Estratexia
O magro incremento nas partidas destinadas a implementar políticas culturais fan difícil pensar que a posta en marcha da Estratexia da Cultura Galega, presentada neste 2019, vaia ser efectiva durante 2020, non sendo que a mesma se faga a partir de fondos vencellados ao Xacobeo. Boa parte das críticas da oposición, durante a presentación destas contas ante o Parlamento, se centraron nesta cuestión. E é que, se ben a Memoria que acompaña as contas públicas da consellaría abre cunha breve referencia a este documento, o desenvolvemento das liñas de acción que se fai na mesma calca ámbitos e propostas de anteriores anos e achega poucas novidades. Os grupos parlamentarios da oposición coincidiron tamén en sinalar uns fondos insuficientes para Cultura e en comparar as contas actuais coas de hai dez anos, un período no que o investimento neste ámbito se afundiu en case un 50%. Ao tempo, fixeron referencias repetidas ao escaso peso do sector no conxunto das contas autonómicas, xa que supón menos do 1% das previsións. Ausencias como os investimentos para desenvolver proxectos como o Plan Especial da Ribeira Sacra ou o Plan de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade, levaron a sinalar a Xosé Manuel Pérez Seco, do Grupo dos Socialistas de Galicia, a nula mención ás mencións ás liñas estratéxicas que debería desenvolver a Xunta neste ano e a apuntar unha repetición xeral dos obxectivos de 2019. No mesmo sentido Olalla Rodil, do Grupo do BNG cualificou os orzamentos como "pura inercia". Tamén Ánxeles Cuña, do Grupo Común da Esquerda, cualificou como "falacia" o suposto incremento de fondos culturais ao destacar que os incrementos se concentran en turismo e Xacobeo.