En pleno proceso de aprobación dos Orzamentos da Xunta para 2020, a polémica chega aos fondos destinados de Cultura. Ao xa habitual debate sobre os cartos destinados ao Monte Gaiás sumouse na última semana a denuncia dos aparentes recortes que se aplican ás unidades de produción da Axencia Galega das Industrias Culturais. Repasamos as propostas económicas para estas iniciativas canda ao apoio a museos, fundacións ou concellos na primeira das nosas reportaxes sobre as contas da cultura.
A Cidade da Cultura medra outra vez
De novo o complexo do Gaiás incrementa o seu peso no conxunto do proxecto dos orzamentos da Consellaría. En total o departamento achegará 15.803.000 euros, uns fondos que superan nun millón os do pasado ano e que supoñen catro máis do que en 2018. As transferencias de capital á Fundación Cidade da Cultura suman case un millón de euros e pasan de 3,6 a 4,5. Mantéñense, no entanto as correntes en 5.430.052. A estas engádense aínda 2.800.000 euros que achega a Consellaría de Educación a este complexo, 300.000 euros máis do que no pasado ano, e unha previsión de 3.072.804 euros por ingresos de explotación (a incluír os 603.959 que achega a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Para 2020 está prevista a posta en marcha dun novo Plan Estratéxico para o complexo, que conta con previsións económicas ata 2022 no proxecto de contas públicas. A teor das cifras, a intención é reducir as achegas ao proxecto neste prazo, con 11.566.883 previstos para 2021 e só 7.981.230 para o seguinte exercicio.
Programa
Para 2020, a memoria da Cidade da Cultura adianta boa parte da programación prevista. Á exposición Galicia, un relato no mundo, que permanecerá no recinto durante os primeiros meses do ano, sucederalle unha dedicada á Xeración Nós e outra que recoñecerá a figura de Isaac Díaz Pardo con motivo do centenario deste persoeiro. Repite do ano pasado a previsión dunha mostra sobre "iniciativas referenciais vinculadas ao coleccionismo da arte" coa Fundación RAC. Canda a estas iniciativas terán continuidade no recinto Reb/veladas na paisaxe, as intervencións nas Torres Hedjuk, a X edición do Encontro de Artistas Novos, os ciclos Música & Escena e Atardecer no Gaiás, o Serán 3.0, o VI Escenas do Cambio, o Día da Música e o festival de bandas infantís e xuvenís. O festival Audacia sobre arte e emprendemento, o Pequefilmes, dúas edicións do programa Cidade Imaxinaria, o baile de entroido e outras propostas para o público familiar, canda a visitas didácticas e accións divulgativas completan o programa para 2020. A nivel arquitectónico, a previsión é finalizar nese ano o Edificio Fontán, que para alén 5,7 millóns de euros da Xunta recibirá unha achega de 2,4 por parte do CSIC.
A cuestión da Agadic
Na Agadic, pola súa banda, mantense a aparente estabilidade, cun mínimo crecemento do 0,7% que, ademais, reverte de xeito exclusivo no incremento de gastos de persoal. O recente anuncio por parte do conselleiro da Cultura, Román Rodríguez, dunha reforma do estatuto da Agadic e a creación dun novo posto de xerencia, canda os xa comentada suba no capítulo de persoal poden explicar o destino destes incrementos. Ante esta limitación, as variacións nas propostas da Axencia para 2020 danse necesariamente por transferencias entre partidas internas e rachan a estabilidade dos últimos dous anos nas contas do departamento. Deste xeito, minguan os fondos de transferencias correntes a corporacións locais (238.714 euros, uns 60.000 menos), as axudas en materia de cultura que se outorgan como subvencións nominativas (de 85.000 a 70.000) e os investimentos de carácter inmaterial (de 150.000 a 120.000). No entanto, o descenso máis destacado é o das axudas á produción artística, que perden 330.000 euros e fican con 5.170.000. En total, a suma dos recortes nestas partidas supón 435.000 euros menos. Coas transferencias de capital para axudas en materia de cultura fixas en 185.000 euros, os incrementos danse nas transferencias correntes a empresas privadas, que medran de 550.000 a 649.930 euros (100.000 euros máis) e no inmobilizado inmaterial, que engade 87.000 euros e fica con 1.792.719. Unha nova achega de 330.000 euros para "Transferencias de capital a corporacións locais" completa as novidades da Axencia e suma 517.000 euros a maiores nestes apartados.
Os recortes nas unidades
Ao repasar os investimentos reais das diferentes unidades que fan parte da Agadic verifícanse importantes recortes nos fondos libres de que dispoñen dúas as mesmas. Deste xeito, o Centro Dramático Galego ve diminuída a súa capacidade neste campo de 600.000 a 350.000, o Coreográfico pasa de 150.000 a só 50.000, os mesmos fondos de que dispuñan nas contas de 2018. Pola súa banda, o Centro Galego de Artes da Imaxe tamén ve minguados os seus fondos e pasa de 175.000 a 132.000. Estes recortes foron xa amplamente contestados desde entidades como a Academia Galega de Teatro, o Instituto Galego da Praxe actual e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia ou do, ao considerar que supoñen continuar unha situación de "profundo baleirado dos dous centros de produción" que fan pensar nun "desmantelamento" dos mesmos. No entanto, e segundo recolleu Erregueté a Xunta sinalou que "varios dos proxectos de ambas unidades de produción para o ano que vén se desenvolverán ao abeiro do programa cultural de promoción do Xacobeo 2021" a cargo dos fondos da Axencia de Turismo. Aínda que desde o Goberno se adianta que as unidades de produción non perderán fondos, a falta de detalles nas contas sobre estes investimentos manteñen a incógnita sobre a acción das mesmas de cara á vindeira temporada.
Propostas
A partir da Memoria que recolle as liñas de acción da Consellaría para 2020 as novidades previstas para a Agadic redúcense fundamentalmente ao desenvolvemento dunha liña de axudas para "coproducións internacionais minoritarias no ámbito audiovisual". Canda a isto anúnciase o desenvolvemento dunha nova categoría nas axudas á creación escénica "que inclúa proxectos a máis longo prazo e maior capacidade de distribución". Segundo asegurou o conselleiro no Parlamento, estas liñas superarán en 2020 os 800.000 euros. A seguir prpostas xa abertas, Rodríguez adiantou que se dará un reforzo no apoio aos festivais de música con máis de medio millón no programa Fest Galicia e a continuidade no apoio ao programa Camiño Escena norte. Aínda que fóra deste apartado, o texto recolle a proposta de "difundir as artes escénicas mediante a internacionalización cultural como a participación no proxecto Nós de intercambio teatral con Portugal". Continúan sen novas os anunciados proxectos da creación dunha Galicia Film Office "dun gran espectáculo de danza que xire por Galicia e polo exterior" realizados xa en 2018.
Consorcio, Academias e Fundacións
O Consorcio de Santiago recibirá 100.000 euros máis de Cultura para o seu funcionamento en 2020 como transferencias correntes. O único incremento nos últimos anos completa unha suma de 2.784.413 euros de achegas nestas contas. Pola súa banda a Real Academia Galega ve tamén incrementado o apoio que recibe desde a Consellaría de Cultura. Medio millón de euros en transferencias correntes e 58.500 en investimentos engadirán outros 38.500 euros ás arcas da entidade, que en total recibe destas partidas 585.000 euros. A suba dáse logo do anuncio da Deputación de Ourense este verán de reducir en 20.000 euros a súa achega anual ao organismo.
Museos
Os fondos que inciden no funcionamento do Centro Galego de Arte Contemporánea replican case totalmente as cifras do pasado ano. A principal novidade é un grande incremento nos cartos para "Reparación Edificio CGAC", que sobe dos habituais 50.000 a nada menos que 278.048 euros. É de prever pois que durante 2020 se desenvolvan obras de consideración na sede construída por Álvaro Siza. A grande partida con que conta o espazo, a de Actuacións e Programación Cultural mantén os seus 860.000 euros e os fondos para adquisición de obras e arte seguen a contar con 100.000. O Museo do Mar continua sen novidades e repite 831.828 euros de achegas, e tampouco o MARCO, que mantén 100.000, nin o Real Padroado de Sargadelos (35.000) mudan as súas contías. Pola contra a Real Academia de Belas Artes ve incrementada a súa achega en 5.000 e suma 45.000 dos fondos da Xunta, mentres para a Fundación Camilo José Cela medran os fondos por segundo ano consecutivo. Desta volta a Consellaría achega 10.000 euros mais e completa 287.000 euros do orzamento total de 291.000 euros que manexa a entidade. Cabe sinalar que esta última cifra só supera en 1.000 euros a de 2019, polo que se incrementa porcentualmente a achega da Xunta aos fondos desta entidade. A ampliación do Museo do Pobo Galego déixase sentir tamén nas achegas previstas para o mesmo nos orzamentos da Xunta. Se ben as transferencias correntes se manteñen en 231.800 euros, a de capital pasan de 96.000 a 300.000, sen dúbida motivadas pola construción e equipamento de novas salas.
O apoio aos concellos
No apoio aos concellos a nivel cultural mantense inalterada, como nos últimos anos, a grande partida de Actividades de Promoción e Difusión Cultural en 2.753.499 euros. Tampouco hai novidades nos fondos destinados a convenios culturais coas corporacións locais (205.000), nos de conservación do patrimonio cultural (100.000), nos orientados a investimentos en bibliotecas, os de dinamización bibliotecaria municipal ou actividades culturais (50.000). Cunha nova denominación, os orzamentos recollen os 110.000 euros para o anunciado programa de bibliotecas itinerantes municipais xa previsto para 2019 pero do que non se anunciou polo momento ningunha novidade. Como únicos incrementos, soben en 5.000 euros as transferencias correntes para acción en materia de lingua ata os 250.000 euros, e en 10.000 o apoio destinado a arquivos, que acada 110.000 euros.
Organización non lucrativas
As axudas a entidades sen fin de lucro en materia cultural, a principal partida destinada a Organizacións Non Lucrativas (ONL) soben este ano 15.000 euros logo de dous sen mudanzas e chegan aos 435.438. Tamén as destinadas a conservación do patrimonio cultural para estes colectivos ven un incremento significativo de cara a 2020 ao pasar de 50 a 150.000 euros. A outra suba significativa dáse nas transferencias para Accións de Promoción da Lingua Galega a este tipo de entidades, a pasar de 39.507 a 100.000 os euros consignados a este fin. O anuncio dun posible convenio entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación de Entidades Locais pola Lingua pode explicar este último incremento. Pola contra, as axudas para intervencións arqueolóxicas fican co mesmo investimento (25.000 euros) e os fondos para bolsas para bibliotecas, arquivos e formación en patrimonio moble tamén continúan sen mudanzas. O mesmo acontece co apoio a "actividades de asociacións, fundacións e outras entidades en ánimo de lucro" (361.455 euros) e mais o destinado a institucións culturais (60.100).
Consello da Cultura Galega
O organismo consultivo verifica unha suba de case 100.000 euros nos seus fondos e contará para 2020 con 2.757.063. No entanto, partidas como a Reunións, conferencias e cursos mantense en 200.000 euros e a de Estudos e Traballos Técnicos a cargo de empresas externas baixa de 311.000 a 305. Tamén se reducen os fondos de investimentos de carácter inmaterial ao pasar de 62.000 a 55.000 euros. Os gastos de persoal e o incremento en partidas de investimentos materiais absorben boa parte do crecemento económico da institución.