A protección patrimonial perde peso nos fondos culturais para 2020, coa previsión de se ver reforzada con achegas desde o Plan Xacobeo. Este programa, canda ao investimento turÃstico, revélanse como os grandes beneficiarios do crecemento orzamentario da ConsellarÃa.
O patrimonio
De xeito global, o programa "Protección e promoción do patrimonio histórico, artÃstico e cultural" contará en 2020 con 16.537.000 euros, só 56.000 euros máis que en 2019. O leve crecemento déixase sentir nos fondos para persoal, que medran case 400.000 euros, e mais en transferencias de capital, que reciben 535.000 fronte os 485.000 do pasado ano. Fronte a isto mingua o capÃtulo de gastos correntes e, en particular o de investimentos reais, que perde segundo as previsións nada menos que 375.000 euros e fica con 7.178.000 euros.
Os reforzos
Fronte a estes recortes, unha partida como "Intervencións en edificios e outras construcións", a máis dotada nos investimentos do programa, suma 50.000 euros e chega a 4.380.296. Tamén se ven reforzados os fondos para restauración de pinturas murais e retablos que pasan de 380.000 a 513.000 euros. O convenio coa Igrexa para intervencións de patrimonio é outro dos apartados que medran, e 50.000 euros máis dótano de 170.000. Resulta tamén rechamante o feito de que as axudas a conservación e protección de patrimonio para entidades non lucrativas se tripliquen e cheguen aos 150.000 euros, mentres as transferencias de capital a universidades suman 20.000 e acadan 50.000.
Continuidade e minguas
Outra das grandes partidas para o noso patrimonio, a de "Intervencións no patrimonio cultural e nas infraestruturas culturais", integrada neste programa, mantense en 1.138.594, ao igual que os fondos de catalogación e inventario (que se manteñen en 537.568) e os habituais 208.938 para adquisición de bens culturais. Pola banda das transferencias, os convenios en materia de patrimonio cultural con organizacións non lucrativas seguen fixos en 133.334, e o apoio a concellos neste ámbito en 100.000. Tamén os convenios e axudas a empresas privadas para intervencións arqueolóxicas e os destinados a entidades sen ánimo de lucro con este fin fican con 25.000 en cada modalidade. Son os fondos destinados a "Conservación, protección e consolidación de xacementos arqueolóxicos" os que sofren en maior medida os recortes ao baixar de 824.609 euros a só 400.000 logo de sucesivas subidas en anos anteriores. En total, os incrementos de 353.000 euros nas partidas contempladas non compensan a mingua nos investimentos, e supoñen que, no marco deste programa, hai menos cartos para o patrimonio.
Accións
A nivel das actuacións previstas neste campo para o vindeiro ano, Román RodrÃguez adiantou ante o parlamento que a ConsellarÃa prevé actuar ao longo de 2020 en templos como a igrexa de San Pedro en Lugo, para o que prevé investir 800.000 euros, na basÃlica de Santa MarÃa a Maior de Pontevedra, no Convento de Herbón, na Catedral de Ourense, nas igrexas das Angustias e das Dores de Ferrol, na Capela da Illa de Cortegada ou na igrexa de San Vicente, en Pantón. A estes proxectos súmase o investimento de 800.000 para rematar traballos da Catedral de Santiago. Na memoria dos orzamentos, sen concretar actuacións particulares, aparece recollida de xeito explÃcito e como novidade a "realización das actuacións necesarias para o exercicio da potestade expropiatoria e do dereito de adquisición preferente en asuntos relacionados co patrimonio cultural". Canda a esta o texto recolle outras propostas novas máis xenéricas como a "promoción e xestión das actuacións arqueolóxicas relacionadas coas competencias da dirección xeral", a "emisión de informes, acordos ou resolucións dos procedementos e intervencións que afecten a protección do patrimonio cultural, conforme a normativa vixente" ou a "promoción, dirección e xestión das obras de conservación e restauración no patrimonio cultural promovidas pola ConsellerÃa". Repiten outros obxectivos recorrentes como a "delimitación e protección dos Camiños de Santiago en Galicia, asà como a elaboración de anteproxectos normativos que os afecten" ou a "tramitación e xestión dos procedementos de clasificación do patrimonio cultural de Galicia coa declaración de ben de interese cultural e inclusión no Catálogo. Xestión do Censo do patrimonio cultural de Galicia". Tamén adianta a ConsellarÃa a súa intención de continuar os traballos para conseguir as declaracións de Patrimonio Mundial pola Unesco para a Ribeira Sacra, o Parque Nacional das Illas Atlánticas e mais o Ferrol da Ilustración.
Patrimonio marÃtimo
Pola súa banda, os fondos orientados á recuperación de embarcacións patrimoniais, achegados pola ConsellarÃa do Mar, sofren variacións para 2020. Deste xeito, a Asociación de CarpintarÃa de Ribeira (Agalcari), recibirá un total 30.000 euros, 2.000 máis que no pasado ano, das arcas públicas. Pola contra, a Federación Galega pola Cultura MarÃtima e Fluvial ve reducidas as achegas públicas coas que conta, xa que se as transferencias de capital á mesma fican na metade e ascenden a só 20.000, mentres as correntes suman case 2.000 euros e acadan os 8.576.
Museos
No campo dos museos, o único incremento destacado é o que se dá na partida para "Actividades difusoras de Museos e Infraestruturas Culturais", o principal investimento neste ámbito, que suma 50.000 euros chega aos 850.000 euros, a continuar unha tendencia crecente dos últimos exercicios. Fronte a este, mantense en 150.000 euros a dotación para "Adquisición de mobiliario e utensilios para museos", que non recupera o drástico recorte sufrido no último exercicio, cando perdeu máis de 600.000 euros. Tampouco mudan os fondos para "Adquisición e restauración do patrimonio documental" (23.336), os destinados a restauración de patrimonio moble e documental (30.000), os de maquinaria e instalacións (75.000) e mais os de mobiliario (150.000). Pola súa banda, muda o nome dos fondos para "Adquisición e restauración de patrimonio moble e documental", que pasan a ser "Adquisición e restauración en materia de museos" e manteñen unha contÃa de 100.000.
O peso do turismo
O crecemento dun 15% dos fondos para a Axencia de Turismo de Galicia, que absorbe maioritariamente as medras económicas da ConsellarÃa de Cultura, marca de xeito ineludible as polÃticas previstas para 2020 polo departamento. O incremento, de 9.652.000 euros suma un total de 79.836.000, case a metade do total da ConsellarÃa, e concéntrase en particular no apartado de investimentos reais, que recibe 9.161.000 euros a maiores (un terzo máis) e supera os 36 millóns dispoñibles. Cun incremento de 18,6% en castos correntes e servizos, os recortes danse nos fondos para persoal, que minguan un 0,8%, nas transferencias correntes (-5,5%) e mais nas transferencias de capital, que perden 263.000 euros (un 1,9% menos). Se ben o ano supón o remate da Estratexia de Turismo 2020, a Memoria sobre as accións neste campo non recolle novidades de importancia e limÃtase a listar a mesmas medidas do anterior exercicio.
O Xacobeo
Non cabe dúbida que a estrela dos orzamentos da ConsellarÃa de Cultura está a ser o Xacobeo. Román RodrÃguez cifrou no Parlamento en 62 millóns as achegas ao programa do ano 2021 das contas de Cultura e Turismo (dun total, lembremos, duns 157 millóns de euros). A estes sumaranse outros vinte achegados por diferentes consellarÃas, aos que se engadirán os previstos patrocinios e a agarda de novas achegas solicitadas ao Goberno central. Do seu impacto no campo patrimonial destaca a previsión de 4 millóns de euros para restauración, rehabilitación e conservación dos bens de interese cultural vencellados ás rutas de peregrinación. Pola súa banda, o plan de embelecemento, dotado con 1,2 millóns, atenderá nunha das súas cinco liñas de axudas a "intervencións sobre elementos etnográficos e a súa contorna e inclúe accións de valorización, mantemento, consolidación ou restauración de fontes, lavadoiros, hórreos, pontes, muÃños, valados ou calquera outro elemento de carácter tradicional vinculado á paisaxe e a cultura do lugar". Canda a esta proposta destacan os plans de mantemento dos camiños, dotados con 3,7 millóns de euros ou o de sinalización, que se centrará nesta xeira no Camiño de Inverno. Canda a esta vÃa, a Ruta do Mar de Arousa protagonizará as propostas sobre vÃas de peregrinación para o novo exercicio, segundo recollen as contas. . Malia ao peso do evento, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo ve reducida a achega da ConsellarÃa de Cultura e Turismo, xa que só recibe tres millóns de euros para gastos correntes fronte aos 4,5 millóns que obtivo de 2019. En total, a entidade contará con 5.424.000 millóns de euros, o que supón un descenso logo de sumar 6,6 no último ano. O peso dos investimentos no programa irán por conta da Axencia de Turismo.
Programación
Pola banda da programación, o Xacobeo contará en 2020 con 10 millóns de euros para programación aos que se suma a segunda edición do programa O Teu Xacobeo. Esta convocatoria, que está a dar acubillo a moitas propostas de carácter cultural, contou finalmente en 2019 ano con 4,7 millóns de euros, máis do duplo do previsto inicialmente. Na nova xeira, que se deu a coñecer o pasado 29 de novembro, os fondos seran de 3,3 millóns de euros para proxectos. No entanto, non é posible extraer datos sobre o peso que a cultura terá durante o ano nos investimentos desta celebración durante o vindeiro ano. O festival O Son do Camiño, que levou o ano pasado un investimento de 2,5 millóns de euros dos orzamentos ou a produción audiovisual Tres Camiños que conta con 1,5 millóns de euros de fondos públicos dos cales 900.000 fan parte das contas deste ano son algúns dos fitos culturais que farán parte desta programación.