A feira das industrias culturais Culturgal pechou onte as súas portas acadando, segundo a organización, unha cifra de 14.000 visitantes nunha primeira estimación, o que deixa sentir unha estabilidade de público respecto ás anteriores edicións do evento. Neste ano Culturgal presentou aires renovados visibles xa na conformación de espazo e no deseño fÃsico de postos, cuns materiais industriais que tiveron boa acollida xeral, pero aos que non faltou opinións contrarias entre os expositores que os consideraran pouco axeitados. A feira, conseguÃa, en todo caso e como era o seu lema desta edición, "darlle unha volta" ao que se viña facendo e refrescar un pouco o formato, mellorando de paso o fluxo do público dentro do propio recinto, nas horas de máxima afluencia. Este ano ademais foi moi visible a presenza do sector dos videoxogos, concentrado nunha "illa" propia no centro do recinto e unha xornada no Salón de Actos. A presenza de institucións, asociacións e grandes editoriais, ademais das iniciativas de economÃa social, acadaban postos destacados na feira. No relativo ás actividades o programa era denso e variado, cheo de oportunidades para coñecer as iniciativas máis dinámicas e salientables tanto públicas como privadas. A presentación do xornal NÖS, da Fundación Luzes, das axudas de O teu xacobeo e outras novidades pasaron polos seus espazos. As actuacións na carpa de Tanxugueiras e Dios ke te Krew acadaron un éxito de asistentes que deixaron pequeno o espazo. Tamén as proxeccións Eroski ParaÃso e O que arde conseguiron atraer ao Salón de actos a centos de persoas.