Da man dos antigos membros de Urco Editora Andrea Jamardo e a David Cortizo ve a luz a nova editora independente Cuarto de Inverno. A Culturgal acollerá este sábado 30 de novembro a presentación oficial do novo proxecto, que xa ten nas librarÃas os seus primeiros traballos.
Irmá paxaro escrito por Tamara Andrés e ilustrado por MarÃa Montes e mais Be water de AntÃa Yáñez son os lanzamentos inaugurais da nova firma, que se presenta a reclamar o interese por libros "novidosos e arriscados, riquiños e coidados, afoutos e combativos e na súa totalidade: desde a portada até as gardas, desde o código de barras até o colofón". Segundo anuncian, "os libros que editamos implican unha actitude e un posicionamento vital; un xeito, o noso, de ver o mundo e de estarmos nel".
A previsión inicial do proxecto é publicar seis tÃtulos anuais repartidos entre tres coleccións orientadas para público infantil, xuvenil e adulto. A dirección da editora sinala ademais que Cuarto de Inverno mantén un claro compromiso feminista tanto nos tÃtulos editados como no propio proceso de traballo.