O Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega acaba de facer público un documento de traballo sobre o emprego no sector cultural galego. A partir de datos da Enquisa de Poboación Activa, afiliacións da Seguridade Social, de contratación e de paro rexistrado, a análise conclúe que Galicia é a quinta comunidade con máis persoas a traballar neste campo. Un total 35.000 empregos desenvólvense na actualidade no ámbito cultural, unha cifra que só é superada por Madrid (161.900 persoas), Cataluña (147.500 persoas), AndalucÃa (94.400) e Valencia (68.100).
No entanto, o Observatorio da Cultura advirte que desde 2017 desapareceron 15.000 postos no sector cultural, unha tendencia que contrarÃa a estatal, onde medra a ocupación vencellada a estas empresas. No noso paÃs, ademais, increméntase o peso das persoas que cotizan en réxime de autónomas neste campo, e en 2018 contábanse 3422 empregos nesta situación.
O estudo aborda tamén a dimensión das empresas nas que se desenvolven estes traballos, e cifra en 795 as firmas contabilizadas. Destas, 696, é dicir, o 87,5% do total, teñen menos de 10 traballadores. Os xornais e as produtoras audiovisuais aparecen como as que contan cunha maior estrutura, e só dúas superan os 250 empregados.