O Curtas Armadiña, certame audiovisual que se celebra no Concello de Poio, fechaba este 17 de novembro as portas da súa quinte xeira coa entrega de premios. 16 de decembro de Álvaro Gago, conseguía a Áncora de Ouro á Mellor Curtametraxe nesta edición, mentres Uganda, de Fernando Tato era recoñecida polo público coa Áncora de Prata.
Limbo, de Daniel Viqueira obtivo o Premio Crea á Mellor Dirección, mentres o premio ao Mellor Vídeo Musical foi para De bruma e salitre, da banda Mileth, dirixido por Xaime Miranda. A Áncora á Mellor Curtametraxe Animada levouno Homomaquia, de David Fidalgo Omil e, como xa se anunciara, Sonia Méndez recibiu na gala de feche do evento o premio oficial do encontro.
Belén Constenla, Fon Cortizo, Mariana Carballal, Romina Doce e Xosé Manuel Esperante conformaron o xurado desta quinta edición do Curtas Armadiña.