No último lustro, o acusado descenso de indicadores de uso do galego que se apreciaba nos datos estatÃsticos freouse ou parece terse estancado. O Instituto Galego de EstatÃstica publicou a Enquisa Estrutural de Fogares sobre o coñecemento e uso do galego, que comprende o periodo 2013-2018. Boa parte dos valores rexistrados nos dez anos anteriores amosaban unha elevada caÃda do uso do galego, semellan terse moderado ou ralentizado ou mellorado lixeiramente: un 30,57% da poboación fala sempre en galego (só se reduciu un 0,63%), un 21,72% fala máis galego que castelán (aumentou un 1,43%), asà como os que usan máis castelán que galego (1% máis). Os monolingües en castelán representan un 24%, perdendo un 1,85%. No caso dos nenos, a situación mesmo parece recuperarse lixeiramente. Os nenos de ata cinco anos que falan galego sempre ou máis galego que castelán representan un 26,12%, 1,1% máis que o mesmo segmento de idade en 2013. É o tramo que máis medra, aÃnda que hai subidas en todos os segmentos de idade ata os 50 anos. Curiosamente, é este tramo ata os 64 anos onde se rexistra unha maior perda de uso (1,51%). Os datos marcan asà un freo ao descenso acusadÃsimo en todos os niveis de uso do galego que se podÃa apreciar nas enquisas publicadas entre 2003 e 2013.