A tomar o relevo do ciclo Solpores no Museo, a ConsellarÃa de Cultura presentaba o pasado venres Vigo Emerxe, un concerto colectivo dedicado á música viguesa. O Museo do Mar acollerá esta proposta na que se alternarán en dous escenarios as actuacións de propostas actuais da cidade como son The Soul Jacket, Maryland, Basanta, BFlecha, r.e.a.l., Kaixo, Laura Iturralde, Juanma Lodo, BabyKatze e Santi Araújo cos históricos Pablo Novoa e Nicolás Pastoriza. O encontro, que se desenvolverá o vindeiro 28 de setembro comezará ás seis da tarde e prolongarase ata a unha da madrugada, con entrada de balde ata completar aforo.
Segundo o conselleiro de Cultura Román RodrÃguez, esta iniciativa, que transformará o Museo do Mar nun recinto de concertos, pretende "dar a coñecer aÃnda máis aos artistas e grupos locais" e a "recuperar a esencia da movida viguesa".