A restauración galega é unha parte moi importante da identidade do paÃs e unha fachada cara os visitantes, e a lingua galega é un factor moi importante dentro desa presenza. Asà o manifestaron hoxe pola mañá os relatores de hostalerÃa e restauración que participaron na decimoquinta edición do curso de normalización lingüÃstica "Traballando en lingua no turismo", que se está a celebrar no Fórum Carballo organizado pola Universidade da Coruña e o concello. A guÃa turÃstica Paula Fraga explicou o seu proxecto "Octopus to the party"¨, co que pretende formar aos profesionais da restauración en claves que faciliten a comprensión da gastronomÃa galega para visitantes foráneos, e na correcta comprensión dos pratos emblemáticos do paÃs. Xan Galbán, do espazo enocultural Vide Vide! en Santiago, desvelou como no caso dos viños galegos, a súa preocupación é explicar ao consumidor, moitas veces foráneo no seu caso, o contexto histórico dos viños galegos e como estes se producen. "E a lingua é fundamental por moitos motivos, pero entre eles está tamén que é a lingua na que estes viños se producen". Por último, Javier Olleros, do restaurante Culler de Pau, falou da aposta do seu restaurante pola proximidade, no que o uso da lingua é unha parte máis dunha gastronomÃa moi próxima ao seu contorno natural e cultural.