O portal de divulgación cientÃfica GCiencia e mais o proxecto de inmersión lingüÃstica en centros de secundaria 21 dÃas co galego foron as propostas galardoadas no X Premio RosalÃa de Castro de Lingua. A Deputación da Coruña daba a coñecer o fallo destes premios, dotados con cadanseus 3.000 euros en cada unha das categorÃas de promoción da lingua e de traballo especÃfico na mocidade.
Segundo o fallo, nos méritos de GCiencia está "contribuÃr á visibilización e ao prestixio da lingua galega no ámbito da divulgación cientÃfica, a través dun medio de comunicación que é un dos máis visitados en lingua galega". O xurado valorou tamén que "o proceso de normalización do galego cientÃfico é crucial para que as persoas que o falan poidan percibir que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados nesta lingua. Por contribuÃr á construción dun estándar e difusión da terminoloxÃa lingüÃstica".
Pola súa banda, o proxecto 21 dÃas co galego promovido pola profesora Pilar Ponte, levou a 1.316 alumnos e alumnas dos institutos A Pontepedriña (Santiago de Compostela), Antón Alonso RÃos (Tomiño), Ramón Otero Pedrayo (Ourense) e Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos) a falar unicamente galego durante as 21 xornadas do proxecto e a compartir a súa experiencia polas redes sociais. O xurado destacou o valor desta proposta "para combater os prexuÃzos e estereotipos que se consolidou, estendeu e mesmo inspirou outras, referente no apoio á promoción do uso do galego entre a mocidade" e apuntou que a mesma favorece "a adquisición da competencia en lingua galega xunto coa normalidade do seu uso social na mocidade non galegofalante como primeira lingua ou como lingua de relación habitual".
O xurado estivo composto por Xesús Manuel Mosquera Carregal , Julia Rigueiro GarcÃa, Beatriz Vilaverde Santamariña, coa vicepresidenta e responsábel da área de Cultura e Normalización LingüÃstica da Deputación da Coruña, Goretti SanmartÃn Rei, como presidenta e a técnica de normalización lingüÃstica, Dores Sánchez Alegre, como secretaria.