A ilustradora coruñesa Clara Patiño Bueno acaba de debutar no panorama estatal de banda deseñada con Una piel pesada. O crÃtico Eduardo Maroño asina en Galicia Confidencial unha recensión deste volume de 112 páxinas a toda cor no que a autora presenta un universo fantástico. A obra, con protagonista feminina empoderada que debe enfrontar a vinganza pendente dos seus proxenitores, conta cun estilo gráfico moi traballado e dinámico.