Cando falta menos dun mes para o seu cabodano, o escritor Xabier P. Docampo (Rábade 1946- 2018) recibirá este mércores na Coruña unha sentida homenaxe feita Na voz da amizade. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), co patrocinio de Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB) organizan esta xornada na que a través de diferentes actos se recordará e porá en valor a vida e obras do escritor e mestre que tan fondo legado e pegada deixou na cultura do paÃs. A última morada do autor, na Praza González Dopeso, será lugar dun destes actos ao colocarse nela unha placa no portal onde residiu Docampo. Posteriormente os actos trasladaranse ao Teatro RosalÃa de Castro a partir das 20:30 horas onde comezará o evento Na voz da amizade. Con presentación de Yolanda Castaño e haberá lecturas da súa obra, proxección de pezas audiovisuais, música na voz de Miro Casabella, e tres mesas diferentes para presentar as achegas de Xabier P. Docampo nos eidos da literatura, o ensino e o activismo. Nas tres mesas contarase coa participación de ata dez relevantes persoas do sector cultural: Alfonso GarcÃa SanmartÃn, Xavier SenÃn, Fina Casalderrey, Suso de Toro, Xosé Manuel Pereiro, Manuel Bragado, Paco MartÃn, MarÃa Xesús Fernández, MarÃa Canosa e Xosé Cobas. O acto rematará coa lectura dun relato da autora Paula Carballeira. As palabras pronunciadas o pasado ano por Docampo ao recoller o seu premio na gala do Libro galego 2018, o seu último acto público, estiveron moi presentes tamén este ano entre todos os asistentes e organizadores dos grandes premios do libro.