Homenaxe a Xabier P. Docampo na Biblioteca Ánxel Casal

Gálix organiza ao longo do día unha lectura pública das obras do falecido escritor

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedadeLingua
Compartir:
Xabier P. Docampo. Fotografía de Distrito Xermar para a AELG

Xabier P. Docampo. Fotografía de Distrito Xermar para a AELG

A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago acollerá mañá martes un acto de homenaxe A Xabier P. Docampo (1946-2018). Ao longo do día levarase a cabo a lectura de textos das numerosas obra do autor nun acto organizado pola asociación galega do libro infantil e xuvenil, Gálix co apoio de máis dunha ducia de entidades. Pola mañá será alumnos de varios centros escolares da capital galega os que irán facendo a lectura pública A partir das 17.00h son os e as representantes das entidades que colaboran nesta homenaxe as que toman a palabra. Ás 19:00h, María Jesús Fernández fai un repaso á traxectoria literaria de Xabier P. Docampo nunha charla titulada Xabier P. Docampo, o escritor. Tradición e modernidade, na que salienta as características que singularizan a súa obra e as achegas deste escritor á literatura galega. Como final de acto, Gálix entrega a figura conmemorativa da homenaxe como Socio de Honra 2018, que se lle ía realizar en vida. Ademais destes actos a biblioteca acolle a mostra bibliográfica de obras do autor Toco cos dedos a luz nova do día: Homenaxe a Xabier P. Docampo. Ao día seguinte, mércores na Coruña, terá lugar outra xornada e homenaxe ao escritor, mestre e activista, neste caso organizada pola Asociación de Escritoras e escritores en Lingua Galega (AELG).

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Falece Xabier P. Docampo

Falece Xabier P. Docampo

O escritor desenvolvera unha estensa carreira vencellada á literatura infantil e xuvenil

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xabier P. DoCampo, GÁLIX, Ánxel Casal, Lingua galega...