Falece Xabier P. Docampo

O escritor desenvolvera unha estensa carreira vencellada á literatura infantil e xuvenil

26/6/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Xabier P. Docampo. Fotografía de Distrito Xermar para a AELG

Xabier P. Docampo, un dos máis celebrados autores de literatura infantil e xuvenil do noso país, faleceu esta noite aos 72 anos de idade. O escritor acumulara na súa estensa carreira recoñecementos como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de 1995 por Cando petan na porta pola noite e a nivel internacional os seus traballos fixeron parte da lista de honra do IBBY e mais dos White Ravens. Na escrita para adultos aínda no pasado mes de maio os premios Gala do Libro recoñeceron A nena do abrigo de astracán, unha das súas obras máis recentes. Para alén do seu labor literario, Docampo desenvolveu un intenso traballo como ensinante e a través de Nova Escola Galega, ademais de ser un dos promotores da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil Gálix.

Que che parece esta nova?
138 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Xabier P. DoCampo, Nova Escola Galega, GÁLIX

Claves

Protagonistas
Entidades