Fina Casalderrey é a nova integrante da RAG

É a primeira autora de literatura infantil e xuvenil que entra na institución

21/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A literatura infantil e xuvenil conta desde o pasado venres con representación na Real Academia Galega. Fina Casalderrey é a primeira escritora cunha carreira centrada neste ámbito que accede a unha cadeira nesta institución. O Plenario da RAG escolleuna o pasado venres para ocupar a vacante producida polo falecemento de Xaime Illa Couto. Ademais do seu premiado traballo como autora, que lle valeu galardóns como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, Casalderrey desenvolve tamén un intenso labor no campo da normalización vencellada ao Ensino.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

26/06/2018

Falece Xabier P. Docampo

O escritor desenvolvera unha estensa carreira vencellada á literatura infantil e xuvenil

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Fina Casalderrey, Plenario, Real Academia Galega...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares