Falece Juan Farias, referente da literatura infantil e xuvenil estatal

O escritor levara galardóns como o Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil

13/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Retrato de Juan Farias

O pasado venres falecía na súa casa de Villaviciosa de Odón, Madrid, o escritor Juan Farias, recoñecido como un dos grandes renovadores da literatura infantil e xuvenil do Estado. Farias, nado en Serantes en 1935, desenvolveu unha intensa carreira creativa que a partir de 1977 se centrou en obras para os máis novos, con títulos como Algunos niños, tres perros y más cosas ou a triloxía Crónicas de Media Tarde. O seu traballo valeulle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de 1980 ou o Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil en 2005. Aínda que a súa obra se desenvolveu en castelán, varios dos seus libros están traducidos ao galego. Farias foi enterrado onte no cemiterio de Villaviciosa.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

26/06/2018

Falece Xabier P. Docampo

O escritor desenvolvera unha estensa carreira vencellada á literatura infantil e xuvenil

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Juan Farias, Madrid, Medios de comunicación

Claves

Protagonistas
Lugares