Gloria Sánchez é nomeada socia de honra de Gálix

A escritora vilagarcía ten unha longa traxectoria na literatura infantil

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Gloria Sánchez. Foto: Galix

Gloria Sánchez. Foto: Galix

A escritora e mestra Gloria Sánchez é a nova socia de honra da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), un galardón co que a entidade "recoñece o traballo a prol da literatura infantil e xuvenil galega das persoas galardoadas, así como o seu compromiso e colaboración coa entidade que outorga o recoñecemento". Sánchez tivo unha longa traxectoria literaria na que sobrancean Fafarraios (Premio Merlín 1990 e Lista de Honra IBBY 1994), O Doutor Rus (Premio Edebé de Literatura Infantil, 1995), Chinto e Tom (Premio Lazarillo 2000 e Lista White Raves 2002) e Dez piratas (Premio Frei Martín Sarmiento 2007). A entrega da distinción será o vindeiro sábado 14 de setembro ás 12 h. na biblioteca Ánxel Casal.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Falece Xabier P. Docampo

Falece Xabier P. Docampo

O escritor desenvolvera unha estensa carreira vencellada á literatura infantil e xuvenil

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Gloria Sánchez, GÁLIX, Vilagarcía...