GÁLIX nomea a María Jesús Fernández Socia de Honra

A mestra, crítica literaria e tradutora recibirá o galardón o vindeiro 15 de novembro

12/11/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, GÁLIX, acordou outorgarlle o seu recoñecemento anual como Socia de Honra a María Jesús Fernández. A tradutora, crítica e mestra ve recoñecido así o seu traballo a prol deste ámbito. Fernández, que foi unha das fundadoras de GÁLIX e ocupou diferentes cargos na directiva da asociación, desenvolve un intenso traballo de investigación e crítica sobre a literatura infantil e xuvenil galega, con colaboracións en múltiples publicacións, galegas e foráneas. Entre os seus méritos está o ter coordinado o Seminario Papeles de Literatura Infantil.

A entrega do galardón á homenaxeada desenvolverase o vindeiro 15 de novembro ás 19:30 horas nun acto aberto ao público na librería Lume (A Coruña). O ilustrador Xosé Cobas fará a Laudatio de Fernández e o presidente de GÁLIX, Xosé Antonio Perozo, entregará a escultura de Noemí López que acredita o nomeamento.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con GÁLIX, Literatura, Xosé Antonio Perozo, A Coruña

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares