Xerais premia o traballo de Gálix coa distinción á cooperación co labor editorial

Un cooperante chamado Gálix

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cada ano a editorial Xerais entrega os seus premios para galardoar a calidade literaria e a cooperación editorial. Mañá saberanse os vencedores dos premios Xerais de novela e Merlín de literatura infantil. Pero como entremés antes do prato forte, a editorial fixo público que o premio pola cooperación no labor editorial foi para Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). A asociación fundada en 1989 ten como principal obxectivo a defensa da cultura e a lingua galega no campo da literatura infantil e xuvenil.

Máis información en La Voz de Galicia e para saber máis sobre o Gálix, no seu web

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con GÁLIX, Literatura, Lingua galega, La Voz de Galicia