A illa de San Simón acollerá o festivo acto de entrega dos premios literarios e de cooperación de Edicións Xerais

Atendendo aos Xerais

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Nas instalacións das Illas de San Simón e San Antonio, na Ría de Vigo, reuniranse ao redor de 300 persoas do mundo cultural, social e político o sábado 11 de xuño no acto no que se fallaran os premios da editorial Xerais. O acto retoma a intención que pretendía o pasado ano de celebrarse nese enclave e que debido ao afundimento do pesqueiro O Bahía de Cesantes suspendeuse en sinal de dó. A festa deste ano coincidirá tamén coa fin dos Actos do XXV Aniversario da editorial. No acto se fallaran a XXII edición do Premio Xerais de Novela, a XX edición do Premio Merlín de Literatura Infantil e xuvenil e a IX edición do Premio á cooperación no labor editorial. Trinta obras compiten polo Xerais de Novela e vinte sete polo Merlín. Os finalistas coñeceranse o 4 de xuño.

Máis información en Vieiros

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Edicións Xerais, Illa de San Simón, Literatura...