Suspendidos os actos do premio Xerais na Illa de San Simón en solidariedade co loito polos falecidos do pesqueiro “O Bahía”

Xerais co loito

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A editorial Xerais decidiu suspender o acto festivo de entrega dos seus premios que ía ter lugar na Illa de San Simón e levar a cerimonia de fallo e entrega ao Centro Social Caixanova de Vigo, o mesmo día 12 ás 20:30 horas. A editorial tomou esta decisión como expresión de “solidariedade coa dor e loito de familiares e veciños dos mariñeiros mortos” e así llo comunicou á prensa a través dunha nota. O sábado coñeceranse os gañadores nas distintas modalidades dos premios, das que agora mesmo coñécense os tres finalistas a través dos lemas con que foron presentadas as obras. O sábado, ademais do premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil e o premio Xerais de Novela tamén se outorgará o Premio Xerais á cooperación no labor editorial.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de San Simón, Literatura, Premio Xerais de Novela, Caixanova...