A súa "traxectoria literaria e recoñecemento dentro do ámbito internacional e nacional da literatura infantil e xuvenil galega", asà como o seu compromiso e implicación coa lingua demostrado ao longo de moitos anos de intervención e dinamización sociolingüÃstica a prol do noso idioma", valéronlle ao escritor Xabier P. DoCampo facerse co VII Premio RosalÃa de Castro de Lingua. A Deputación da Coruña daba a coñecer o pasado venres o fallo do xurado destes galardóns, que estivo composto por Valentina Formoso Gonsende, Mónica Pazos MartÃnez, Mercedes Queixas Zas e Anxos Sobriño Pérez, coa deputada e responsábel da área de Cultura e Normalización, Goretti SanmartÃn, como presidenta e a técnica Dores Sánchez Alegre como secretaria.
Ademais do premio a DoCampo, o xurado tamén lle outorgou ex aequo o premio na categorÃa de iniciativas destinadas á infancia ao Correlingua e mais á Escola de Ensino Galego Semente "polo seu labor de intervención nun sector de especial relevancia para o futuro do galego como é a infancia e a mocidade". Cada unha das categorÃas do premio está dotada con 2.500 euros en metálico.