A coincidir co nacemento de Xabier P. Docampo, este 5 de abril o Fórum Metropolitano da Coruña acolle a primeira Polavila Xabier P. Docampo na memoria. A actividade quere lembrar esta destacada figura da nosa literatura infantil e xuvenil cun evento que combina literatura, poesÃa, música e narración oral e que se complemente cun ciclo de filmes.
A proposta nace da Iniciativa Polavila Docampo e pretende desenvolverse de xeito anual nunha provincia e cidade distintas cada 5 de abril a coincidir co aniversario do autor, falecido en 2018. A Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega participan da organización desta homenaxe coa colaboración da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
O programa da gala que constitúe o acto central desta primeira xeira estará conducido por Paula Carballeira, Lois Pérez e Isabel Risco, e contará coa presenza dos autores membros da Xeración Lamote Paco MartÃn, Fina Casalderrey e Xavier SenÃn. Daniel Puente Bello recitará pezas do poemario Mans, escrito polo homenaxeado, e iniciará un apartado dedicado á poesÃa da man de Yolanda Castaño, Dores Tembrás, Antonio GarcÃa Teijeiro e AntÃa Otero.
Francisco X. Fernández Naval, Mercedes Queixas, Irene Penas e Concha Blanco lerán diferentes textos de Docampo, e a sesión finalizará cunha rolda de contos de medo a cargo de Lois Pérez, MarÃa da Pontragha, Antonio Reigosa e Paula Carballeira. A música correrá a cargo da cantora UxÃa. De xeito previo á gala desenvolverase no propio Fórum unha exposición bibliográfica, un contacontos para público infantil e unha lectura continuada da obra Catro cartas a cargo de amizades do autor.
Ademais, a partir do dÃa 5 e ata o vindeiro 26 de abril, a sala de cinema Marilyn Monroe do Fórum acolle un ciclo de cinema en homenaxe ao autor. Neste programa poderán verse os filmes Das Weisse Band (A cinta branca) de Michael Haneke, Le Nouveau (O novato) de Rudi Rosenberg, Le Nouveau (O novato) de Rudi Rosenberg, Il sol dell'avvenire (O sol do futuro) de Nanni Moretti e mais Khane-ye Doust Kodjast (Onde está a casa do meu amigo?) de Abbas Kiarostami.