O Fórum Metropolitano da Coruña acolle o festival Falando a boca chea

Oswaldo Digón, Paula Carballeira ou Quico Cadaval fan parte do programa ata o 30 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O Fórum Metropolitano da Coruña acolle o festival Falando a boca chea

Ata o vindeiro 30 de abril a narración oral ocupa o Fórum Metropolitano da Coruña coa sexta edición de Falando a boca chea. Para a tarde deste 26 de abril estaba prevista a sesión inaugural, a cargo do grupo amador "Cédoche a Palabra", que foi finalmente cancelada. Deste xeito será Cris de Caldas co seu "Un feixe de contos" quen abra a programación no día 27.

Canda a ela, unha ducia de espectáculos para diferentes públicos achegarán propostas no campo da narración oral, con nomes como Oswaldo Digón, Charo Pita, Quico Cadaval, Raquel Queizás, Paula Carballeira, Ramiro Neira e María da Pontragha a compor o programa.

A maior parte das actuacións serán de balde, aínda que para as que se desenvolven na Biblioteca Infantil será necesario reservar convite. Os espectáculos de Cadaval, Digón, Pontragha e Carballeira no auditorio do Fórum serán de pago.

O festival pretende ser "un punto de encontro para ás e os profesionais artísticos da narración oral, abrindo novas canles de comunicación para difundir as historias orais tradicionais e amosándolle ao público as ideas máis innovadoras neste eido artístico".

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fórum Metropolitano, Paula Carballeira, Quico Cadaval, Narración oral...