Coa narración oral como punto de encontro, comeza este martes na Coruña unha nova edición do Festival "Falando a Boca Chea", que reunirá no Fórum Metropolitano ata o sábado 24 de abril algúns dos mellores artistas galegos deste xénero. Cándido Pazó, Avelino González, Vero Rilo, Olga Abad, Xurxo Souto, Ramiro Neira, Lorena Pinheiro, Ángeles Goás e Ana Carreira compoñen o cartel deste evento que ademais contará coa participación do colectivo amador "Cédoche a palabra". O evento pretende achegar á xente de todas as idades a narración oral e a través dela abordar todas as cuestións que teñen que ver co individuo como parte da sociedade ademais de tratar con optimismo os grandes interrogantes da existencia. Moitas das sesións do programa son de balde, previa retirada de convites.
A xornada de inauguración estará dedicada á presentación do Proxecto Memoría, unha extensión do festival que traerá por vez primeira ante público os resultados dun traballo de recollida de vivencias e memorias de persoas da terceira idade da Coruña e concellos da área metropolitana que mestura no se concepto o valor documental patrimonial e a execución escénica. Entre xaneiro e marzo, coñecidos profesionais da narración oral (Soledad Felloza, Charo Pita, Caxoto e Ramiro Neira) se moveron por estes espazos escoitando historias vividas polos nosos maiores e con elas elaboraron unha narración tecida con elas que nesta xornada presentase como espectáculo. Ademais irá acompañada da proxección dunha peza audiovisual que documenta o traballo levado a cabo na recollida. Este espectáculo levarase posteriormente aos propios espazos onde se mantivo o contacto coas persoas informantes.