O festival Falando a boca chea expándese na súa segunda edición

Celébrase na Coruña e en varios concellos limítrofes entre o 17 e o 21 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
O festival Falando a boca chea expándese na súa segunda edición

Co Fórum Metropolitano da Coruña como base, o Festival de Narración Oral Falando a boca chea celebra a súa segunda edición cunha importante medra. Entre o 17 e o 21 deste mes, os concellos de Sada, Oleiros, Arteixo e espazos da Cidade Herculina como o centro comercial Marineda City e o Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa súmanse ao programa deste evento. Érica González, Andrea Bayer, Chus Álvarez, Gonzalo Guerreiro, Quico Cadaval, Pedro Brandariz, Soledad Felloza, Celso Fernández e Víctor Grande son algúns dos nomes que actuarán no marco desta iniciativa, que inclúe tamén propostas para bebés a cargo de Chus Álvarez e Caxoto.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Pedro Brandariz, Soledad Felloza, Quico Cadaval...