O festival de narración oral Falando a Boca Chea comeza mañá nova edición na Coruña

O Fórum Metropolitano acollerá este encontro polo que pasarán algunhas das mellores voces contadoras de historias do país

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O festival de narración oral Falando a Boca Chea comeza mañá nova edición na Coruña

A narración oral terá desde mañá un punto de encontro na Coruña co festival Falando A Boca Chea que reunirá no Forúm Metropolitano algunhas das mellores voces contadoras de relatos do país. A cita, iniciada en 2017, está producida pola empresa ArteStudio Xestión Cultural e aínda que outras veces fíxose en varios espazos da cidade herculina, este ano quedará restrinxida ao Fórum. Dende este martes ata o vindeiro sábado 3 de outubro, distintos espazos deste centro municipal acollerán as intervencións de narradores coma Vero Rilo, Celso F. Sanmartín, Bea Campos, Caxoto, Quico Cadaval, ​Soledad Felloza, Carmen Conde, Gari ou os membros do colectivo amador de narración oral “Cédoche a palabra”. Algunhas das actuacióbns son de balde pero é preciso retirar previamente o convite, as outras son de pago e a retirada previa das entradas pode facerse na web de cultura do Concello da Coruña.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narración oral, Fórum Metropolitano, Soledad Felloza, Quico Cadaval...