Narón acolle unha nova edición do Encontro Internacional de Narración Oral

A iniciativa desenvólvese entre os días 16 e 18 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Paula Carballeira, Quico Cadaval, Oswaldo Pai, Carolina Rueda e Félix Albo son os contadores que participarán no Encontro Internacional de Narración Oral de Narón. O evento arrincará o vindeiro 16 de xaneiro coa representación no café-teatro do Pazo da Cultura da obra Con cierto sexo a cargo de Félix Albo. Oswaldo Pai collerálle o relevo o día 17, mentres que no 18 o escenario principal acollerá a actuación de Carolina Rueda, Oswaldo Pai, Quico Cadaval e Paula Carballeira na gala que fechará esta edición.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narración oral, Narón, Paula Carballeira, Quico Cadaval...

Claves

Lugares