Co tÃtulo 30 anos a contar historias. Notas de rodapé Quico Cadaval conmemora as súas tres décadas de actividades na narración oral. O Teatro Principal de Santiago acolle este martes 26 de setembro ás 20:00 esta función na que, para alén do repertorio do narrador, haberá unha importante dose de improvisación, xa que o público poderá deixar preguntas na entrada ao teatro ás que Cadaval responderá durante a súa actuación.
A Asociación Memoria Atlántica, organizadora do Festival Atlántica, en colaboración coa Agrupación Cultural O Galo e o patrocinio do Concello de Santiago organiza este evento, que será de balde. Os convites poderán retirarse, cun lÃmite de dous por persoa, desde dúas horas antes do comezo do espectáculo.
Segundo lembra a organización do evento, Cadaval comezou a súa carreira na escénica a mediados dos anos 80 baixo o mestrado de Xoán Cejudo. Desde os anos 90 desenvolve, en paralelo á súa carreira como dramaturgo e director de escena, "un tipo de espectáculo unipersoal a medio camiño entre a narración tradicional, a épica escénica e o cabaré literario. Un espectáculo de narración oral que se foi transformando nos últimos quince anos para se ir acomodando ás circunstancias ambientais, ás inclemencias do clima, ás experiencias persoais do artista e aos terrores mais Ãntimos do público".