A narración oral tomará Pontevedra no encontro internacional Sete Falares

Contadores de historias de catro países enchen un programa de catro días

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A narración oral tomará Pontevedra no encontro internacional Sete Falares

Contadores de catro países danse cita en Pontevedra os días 6, 7, 8 e 9 de xuño en Sete Falares o Encontro Internacional de Contadores de Historias levará a narración oral a cidade en distintos formatos durante eses días. Xurxo Souto, Cándido Pazó e o dúo Pavís pavós serán a representación galega deste encontro ao que tamén virán Carolina Rúeda, de Colombia, Ángela Arboleda, de Ecuador e a brasileira Támara Bezerra. Entre estes seis intervencións xirán diferentes actos en varias localizacións, prazas, teatros, museos e rúas de Pontevedra durante os días de festival. Os Sete Falares traen dúos de narradores; rutas de contos e sesións en lugares tan especiais como o CITA, as Ruínas de San Domingos ou a praza da Peregrina. Está orientado principalmente a público adulto, aínda que tamén teremos sesións dirixidas a público familiar. Toda a programación é de balde, a excepción da gala de clausura.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Narración oral, Cándido Pazó, Xurxo Souto...