Pontevedra acolle a terceira edición de Sete Falares

O encontro de narración oral desenvólvese ata o vindeiro día 8

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Pontevedra acolle a terceira edición de Sete Falares

Ângelo Torres de São Tomé e Príncipe, Ana Sofia Paiva de Portugal, Soledad Felloza de Uruguai e os galegos avís Pavós, Avelino González e Pablísimo son os narradores que participan na terceira edición de Sete Falares. As prazas, rúas e teatro de Pontevedra acollen desde hoxe e ata o vindeiro domingo 8 este encontro dedicado á narración oral. Como novidade neste ano, o programa inclúe a celebración de Rutas de historias por Pontevedra guiadas polos narradores que participan no encontro. Ademais, haberá unha ruta en barco pola ría con historias a cargo de Avelino González.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Narración oral, Avelino González, Soledad Felloza...