Do vindeiro 22 ao 24 de febreiro Sarria celebra a súa IV Escolma de Cinema Galego. A tarde do sábado 23 concentra as proxeccións cun importante protagonismo das cineastas do paÃs. Os fillos da vide, de Ana Dominguez, A estación violenta de Anxos Fazáns e mais Trinta lumes de Diana Toucedo centran a xornada, coa presenza das dúas últimas directoras. No dÃa 22 proxectaranse as pezas que desenvolveu o alumnado do IES Xograr Afonso e do IES Gregorio Fernández no marco dun obradoiro con Anxos Fazáns. Tres pezas de Adrián Canoura (Salitre nas Veas / O porco e o seu espÃrito / Caerán) na sesión vermú do mesmo dÃa e mais un concerto de Baiuca con proxeccións do mesmo autor completan o programa desta xeira.