Logo da homenaxe que se lle tributou o pasado mes de novembro, Lugo lembra de novo a Isidro Novo cando se fai un ano do seu falecemento. O vindeiro 1 de febreiro celebrarase a partir das 19 horas un acto no que se lle dará o nome do escritor á biblioteca municipal da Cidade da Muralla. Ademais, no evento presentarase o libro Isidro Novo (1951 -2018), unha obra que compila as intervencións que se desenvolveron nos actos do pasado 3 de novembro. Estudos e análises sobre a vida e o labor de Novo, creacións literarias e artÃsticas de 65 persoas sobre o autor, retratos e unha bibliografÃa encol do homenaxeado completan esta obra que abrangue 260 páxinas.