Hai xa vinteseis anos Antón Gandoy, un cura que participaba nas actividades de Cáritas, puña en marcha "Preescolar na casa", un programa para axudarlles aos paÃs do rural galego a educaren os seus nenos nos primeiros anos de vida. As dificultades para dispor de centros de preescolar en grande parte do paÃs e o atraso escolar que iso provoca é un problema que continúa vivo a comezos do século XXI, e contra el continúa a loitar a organización nacida do proxecto do padre Gandoy, con presencia na radio e na televisión.
Era un neno que aprendeu a ler cos seus pais na casa da aldea antes de chegarlle a idade de ir á escola. Co tempo ese neno chegarÃa a cura e decatarÃase do atraso que sufrÃan os nenos do rural no ensino primario ao chegaren a escola sen unhas bases educativas previas. En 1977, Antonio Gandoy púxose a traballar coa idea de remediar iso. Convenceu a dous amigos para que se sumasen ao seu proxecto, e foi chamando de porta en porta para conseguir apoios e levar a educación preescolar ao rural do noso paÃs. A base de esforzo chegou ata o Ministerio de Educación e conseguiu convencer aló de que facÃan falla mestres para traballaren no seu proxecto. Luisa Rei, unha das orientadoras que actualmente traballan en “Preescolar na casa”, conta que “Cando Antón dicÃa que habÃa que facer isto, moita xente respondÃalle que os pais non eran capaces. Outros dicÃanlle que non tiñan tempo, e unha soa persoa dÃxolle ‘iso foi o que fixeron os meus pais comigoÂ’. E sobre esa persoa foi sobre a que se foi apoiando para convencer a xente”.
Un fillo que medra
Pouco a pouco “Preescolar na casa” foi crecendo coma un grupo dentro da organización Cáritas Diocesana. Tanto creceu que, finalmente, independizouse da casa nai. “O proxecto foi crecendo e tiña xa unha estructura suficiente para constituÃrse como fundación. É o mesmo proceso que un fillo que chegada unha idade precisa independizarse”, apunta LuÃsa Rei. Deste xeito, coincidindo coa celebración dos vintecinco anos do proxecto, “Preescolar na casa” constituÃase como Fundación, tamén no mesmo ano en que morrÃa o seu fundador, o padre Antonio Gandoy. No padroado desta entidade continúan representantes de Cáritas, canda membros da universidade e varios dos educadores que botaron a andar o proxecto. O seu financiamento é fundamentalmente público. Diversos convenios coa Xunta de Galicia, con concellos ou mesmo co Goberno Central fornecen de cartos ao colectivo. “Parte dos fondos chégannos da Declaración da Renda IRPF, do que se recada de quen marca a cela ‘outros fins de interese social’”, sinala LuÃsa.
Cifras
O Ministerio de Educación primeiro e máis tarde a ConsellerÃa de Educación ceden desde hai anos vintedous mestres en comisión de servicios para que traballen no programa. A eles súmanse outras corenta persoas que traballan por toda Galicia, e aÃnda unha boa cantidade de persoas que colaboran voluntariamente no proxecto en función das súas posibilidades, segundo LuÃsa “hai desde mestres xubilados que fan grupos, igual que os que están contratados, ata xente que pasa unhas hora cada mes e axuda a preparar temas”. É este pequeno grupo o que no curso 2002-2003 está a traballar coas 4500 familias que colaboran desde a casa coa educación dos seus pequenos. Nos últimos vintecinco anos foron máis de 40.000 familias as que participaron nalgún intre en “Preescolar na casa”, aÃnda que “é difÃcil de cuantificar pola diferente implicación no programa”.
O traballo
Preescolar na casa funciona fundamente a base de xuntanzas quincenais en que se encontran pais e fillos dunha mesma zona. Nestes encontros, cunha media de catro ou cinco familias e de arredor de dúas horas de duración, analÃzanse as actividades desenvolvidas na casa, fanse novas propostas, preséntanse novos materiais didácticos, xógase e discútese sobre temas e dúbidas que lles poidan interesar aos pais. Ademais destas xuntanzas, os equipos de orientadores realizan visitas periódicas ás distintas familias, e a fundación distribúe entre as familias participantes a súa revista bimensual (que a altura de maio do 2003 vai polo número 129) e dos cadernos que edita para tratar cuestións concretas da educación dos cativos. Tamén hai a disposición dos pais unha ludoteca e unha biblioteca, ademais dunha web. E todo de xeito completamente gratuÃto.
Preescolar nas ondas
A importancia de empregar os medios de comunicación para apoiar o traballo de educación nas familias estivo clara para o promotores de “Preescolar na casa” desde o comezo do programa. En 1981 comezou en Radio Nacional de España–Galicia un programa de apoio á iniciativa, que segue a emitirse dúas veces por semana. A esta cadea sumáronse emisoras comarcais coma Radio Principal-Cadea Ser de Vilalba e Monforte ou a Radio Municipal de Quiroga. Sen embargo, “Preescolar na casa” comezou a ser coñecido por todos os galegos cando en 1990 a Televisión de Galicia comezou a emitir un programa con este nome que continúa en antena e que amosa as actividades que realizan diferentes familias.
Mudar cos tempos
Precisamente a maior incidencia dos medios de comunicación de masa no rural foi un dos motivos que levou a “Preescolar na casa” a mudar a súa orientación no último cuarto de século. “Desde que empezou o proxecto mudaron moitas cousas en Galicia. Agora hai televisión en todas as casas, en moitas hai outros medios de acceso a información, é máis fácil levar os nenos ao cine e ás cidades, os pais teñen máis tempo libre dos traballos do campo... Antes os nenos de cinco anos do rural non coñecÃan as ceras, agora todos teñen acceso a elas. Agora as familias ofrecen xa o que ofertabamos nós, e son máis conscientes da súa importancia na educación dos fillos”, apunta LucÃa. Segundo resume Ermitas Fernández, coordinadora do proxecto, o que se pretende é “formar pais capaces de axudar aos seus fillos para que se desenvolvan fÃsica e psiquicamente sans, afectiva e emocionalmente equilibrados e intelectual e creativamente competentes”.
Exportar a educación
O éxito que foi acadando a iniciativa motivou que en territorios achegados ao noso paÃs, e cunha problemática semellante, se puxesen a andar proxectos que imitaban o galego. Segundo lembra LuÃsa, “houbo un preescolar itinerante en Asturias que decaeu e que agora quere rexurdir, tamén se puxo en marcha un por Castela. Ademais, hai tres anos houbo uns compañeiros que estiveron en Ecuador dando un curso a profesionais da educación para instauralo alÃ, e está a ter moito éxito”.
Abrindo o campo
Con esta mudanza de orientación tamén se produciu unha ampliación de obxectivos, e “Preescolar na casa” iniciou traballo nalgunha vilas e cidades do paÃs. “As cidades dan outras posibilidades e as familias tamén teñen unha dificultades distintas das do rural. Téntanse facer encontros máis no estilo de escolas de pais, conferencias e foros de debate máis abertos nos que participan diferentes familias”. A perspectiva de futuro é fundamentalmente continuar por este camiño e incrementar a presencia nas cidades. A pesar da envergadura que acadou a proposta desde o seu nacemento, LuÃsa teno claro, “se houbese máis xente, farÃanse máis cousas”.