A Fundación Premios da Crítica de Galicia celebrou este sábado 3 de novembre a xuntanza anual na que repartiu os seus galardóns. O hotel Os Escudos de Vigo acolleu este encontro no que, baixo o lema Espigar reuníronse trescentas corenta persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país. Logo das deliberacións dos distintos xurados, a XLI edición dos Premios da Crítica de Galicia recoñeceu o recentemente falecido Xabier P. Do Campo co Premio de Creación Literaria pola súa novela A nena do abrigo de astracán. O químico José Luis Mascareñas levou o Premio de Investigación por un labor de investigación que lle valeu ser o único científico galego que obtivo un Advance Grant do ERC.
O Premio de Iniciativas Culturais e Científicas foi para a xornalista Ana Romaní, responsable ata o pasado verán do Diario Cultural da Radio Galega e recente Premio Nacional de Xornalismo Cultural, na que o xurado recoñeceu "o seu labor a prol da visibilidade, promoción e difusión da nosa cultura, nas súas diversas manifestacións ou expresións, así como a súa defensa e uso do galego". No campo da música, foi Mercedes Peón a recoñecida en virtude da súa "traxectoria de compromiso coa investigación e documentación do patrimonio musical de tradición oral, un aspecto no que é un claro referente".
Na modalidade de Artes Plásticas, o galardoado foi Javier Alonso de la Peña, arquitecto do plan director da Catedral de Santiago, en quen o xurado valorou a súa implicación de máis dunha década na recuperación deste templo. A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) foi galardoada co Premio de Artes Escénicas por se ter constituído como un "espazo de encontro desde o tan necesario humor para a promoción das Artes Escénicas, baseada nunha programación de calidade na procura de novos públicos e espazos".
Representar "o mellor do noso cinema: o risco narrativo ao fusionar a ficción e recursos documentais" valeulle a Álvaro Lago facerse co Premio de Cine e Artes Audiovisuais polo seu filme Matria, mentres a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) fíxose co Premio de Cultura gastronómica a recoñece que "ten impacto en todo o territorio, asenta poboación en contornas rurais, incorpora xente nova ao traballo gandeiro, coida colateralmente do medio ambiente e fai chegar o produto oso mercados máis selectos de España".