O CGAC reúne 25 anos do traballo dos fotógrafos Bleda e Rosa

Poderase visitar ata o 20 de xaneiro

O CGAC inaugurou o venres pasado a mostra "Xeografía do tempo", ao redor de 25 anos de traballo dos fotógrafos María Belda e José María Rosa. A exposición está producida por Bombas Gens Centre d’Art de Valencia, o Museo Universidad de Navarra e o Centro Galego de Arte Contemporánea, e está artellada a través do traballo "Campos de batalla", un proxecto que documenta espazos de combate entre seres humanos e que se inspira na pintura de batallas. A exposición poderase visitar ata o 20 de xaneiro.