Xaquín Chaves
14 pinturas de gran formato que escolman a traxectoria artística de Xaquín Chaves en relación ao mar e ao marítimo son a proposta de "Horizontes", a nova mostra que se inaugurou no Museo do Mar de Vigo e que se poderá visitar ata o 1 de febreiro. "A presenza do mar na linguaxe creativa de Xaquín Chaves é patente desde os anos 80", sinala a nota de prensa da Xunta, "trátase dunha pintura ao tempo introspectiva e extensiva".



