O artista coruñés Nicolás Combarro é o protagonista da última exposición do Centro Galego de Arte Contemporánea, inaugurada o pasado 20 de xullo. Comisariada por Santiago Olmo, a exposición reúne "algunhas das súas series máis recentes" ao redor da idea de arquitectura e construción, como Arquitectura oculta, Bangkok e Arquitectura espontánea ou unha reinterpretación dos espazos concibidos por Álvaro Siza. Para Combarro: "desde o primeiro xestod e modificación da paisaxe estamos a acometer unha forma de construción". A exposición poderase visitar ata o 7 de outubro.