A arquitectura como xuízo

A exposición 'Ante a lei' de Lluís Hortalà está aberta no CGAC en Santiago de Compostela ata o 31 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Obra de Luís Hortalá. Foto: CGAC

Obra de Luís Hortalá. Foto: CGAC

O artista catalán Lluís Hortalà é o protagonista da nova exposición do CGAC en Santiago de Compostela. "Ante a lei" explora a idea da arquitectura como expresión de poder, pero sobre todo como a capacidade de xulgar. A través de pinturas concibidas como trampantollos, Hortalà recrea arquitecturas solemnes nas que cada detalle, como zócalos, portas, véntas ou chemineas, se representan de xeito realista. "O artista reconstrúe a atmósfera simbólica de espazos arquitectónicos emblemáticos e representativos de momentos históricos cruciais", sinala o folleto de exposición.  A exposición está estruturada en capítulos que trazan un "itinerario discursivo".  A exposición está comisariada por Santiago Olmo. 

A primeira serie, Guillotina (2017-2019) céntrase en elementos ornamentais do pazo de Versalles. A segunda explora a idea dos museos como espazos sagrados, "onde se venera un tipo de arte e se proscribe outro", e representa salas baleiras e portas de grandes museos.  No terceiro e derradeiro capítulo abórdase a cuestión da lei a través dos xuízos de Núremberg, representados por dúas ventas da sala 600 na que tiveron lugar os xuízos. 

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O 'Facer' como motivo

O 'Facer' como motivo

A Casa RIA acolle en Santiago de Compostela a primeira exposición dedicada ao David Chipperfield deseñador

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Santiago de Compostela, Santiago Olmo, Museos...